Coucieiro renova comisión: «A festa segue viva!»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MUXÍA

Juan, Manuel, Ricardo, Lucía, Ainhoa, Lucas e Brais son os integrantes da nova agrupación

02 sep 2025 . Actualizado á 19:31 h.

«Non podemos estar máis contentos», din no arranque do seu comunicado. Juan, Manuel, Ricardo, Lucía, Ainhoa, Lucas e Brais son os integrantes da nova comisión de festas do Socorro do Coucieiro, no municipio de Muxía: «Estamos ilusionados de comezar esta nova etapa. Daremos todo de nós para poder darvos unha das mellores festas». A nova organización agradece o esforzo e o traballo dos anteriores membros da comisión, así como o apoio de veciños e veciñas, «xa que sen eles nada disto sería posible». Coucieiro continuará coa tradición das súas celebracións, pois: «A festa sigue viva!», remata animando a comisión.