
O alcalde Javier Sar revisou o inicio dos agardados traballos
27 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Desde o Concello de Muxía informaron onte o inicio das obras de mellora na senda peonil da Praia de Lago. Trátase dunha actuación encamiñada a mellorar a seguridade e a accesibilidade da zona, cun investimento de 32.613,33 euros. Os traballos, moi agardados polos veciños, permitirán pór en valor o lugar.