
Concertos, obradoiros, teatro e gastronomía dinamizarán as fins de semana deste novo mes
04 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.En maio houbo música, microteatro, xornadas gastronómicas e roteiros. Incluso un concurso de monólogos, primera edición. E xuño tamén vén cargado de cultura no cámping Lago-Mar de Muxía, decidido a converterse en espazo de referencia na Costa da Morte. Concertos, obradoiros, teatro e gastronomía dinamizarán as fins de semana nesta instalación xestionada pola cooperativa cultural muxián Horta Creativa. Así, de par de aloxamentos aos pés da praia do Lago, tamén as artes máis variadas para intentar chegar a todos os hóspedes, visitantes e veciños e aos seus gustos.
Concertos
- Este venres 6 de xuño, ás 21.00 horas, Mi Buenaventura, colombianos residentes en Bilbao que volven ás súas raíces e con cancións que convidan a mover as cadeiras.
- O sábado 14 de xuño, o portugués Homem en Catarse, música plena de poesía, maxia e saúde. En horario de sesión vermú, ás 13.00 horas. O domingo 15 de xuño, ás 13.00 horas tamén, Tabernarias, unha formación que vindica as tabernas como punto de encontro e de cración cultural dende un percorrido pola música de América do Sur.
- O venres 20, ás 21.00 horas, quenda para o pop electrónico de Zavala.
- O venres 27, ás 19.00, The Groovy Shakers, co seu funk e groove, e o sábado 28, ás 19.30, con Francisco Castro e as súas letras de historia e música de rock&roll.
OBRADOIROS
- Taller de construción dun pandeiro o sábado 14 de xuño, de 16.00 a 20.00 horas. Terá un custe de 55 euros e os materiais están incluidos: info@campinglagomar.es, para anotarse.
- Obradoiro de creación teatral con Mariña Lestón, o domingo 22 de xuño, ás 18.00. Cun custe de 15 euros, poden anotarse en marinhaleston@gmail.com.
- O luns 23 de xuño, taller de bordado coas herbas de San Xoán, ás 18.00, por 25 euros, e inscrición en inf@campinglagomar.es.
TEATRO E GRAVACIÓN DE PODCAST
- O venres 13 de xuño, ás 21.00, o grupo de teatro de Camelle levará a Lago-Mar a súa obra First lerias.
- As Rapazas do Faiado Podcast gravarán, pola súa banda, un episodio no cámping o 21 de xuño ás 11.00. Conversarán sobre música e festivais co Asalto, a Carballeira e as Festiletras.
BRUNCH E GASTRONOMÍA
- Todos os domingos do mes haberá brunch, de 11.00 a 12.30. Polo demais, do 1 ao 12 de xuño a cociña abrirá de luns a xoves de 18.30 a 22.00; e as fins de semana de 13.30 a 15.30 e de 19.30 a 22.30, incluído o venres. A partir do 13 de xuño e de aí adiante todo overán, o horario será o mesmo toda a semana: de 13.30 a 15.30 e de 19.30 a 22.30.