Faleceu Victoria Fernández, nai do gandeiro dumbriés José Antonio Casais

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

Iglesia de Olveira, en Dumbría
Iglesia de Olveira, en Dumbría J. M. CASAL

Da Casa do Raposo da Boudañeira, morreu aos 89 anos

11 abr 2025 . Actualizado á 21:25 h.

Faleceu Victoria Fernández, da Casa do Raposo da Boudañeira. Era a nai de José Antonio Casais, gandeiro de vacún de leite e de porcino de Olveira, que tamén foi presidente de Feiraco, secretario comarcal de Unións Agrarias, concelleiro de Dumbría e membro do comité xestor de Fonteboa. Victoria Fernández morreu aos 89 anos. Antes da súa xubilación dedicouse á explotación gandeira familiar.

Os seus restos mortais vélanse no Tanatorio Piñeirais da Picota, en Mazaricos. A saída do féretro está prevista para as 11.15 horas do sábado. Despois celebrarase o funeral na igrexa parroquial de San Martín de Olveira. A continuación será enterrada no cementero municipal.