Alumnado de tres institutos e integrantes de varias asociacións desfrutaron dá «espectacular» obra
04 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.«Espectacular», «gratamente impresionado». Con estas palabras describiron a alcaldesa de Cee, Margot Lamela, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a representación teatral As Alumnas, onte no Auditorio Baldomero Cores. A obra, sobre o texto homónimo de Paula Carballeira que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática no 2023, integra a programación impulsada pola Delegación do Goberno en Galicia e o Comisionado para a celebración dos 50 anos de España en liberdade.
«Fainos reflexionar e lembrar aos que xa temos certa idade, e é unha obra para que as novas xeracións vexan e coñezan un tempo escuro», comentou Blanco, quen tamén visitou o renovado Mercado municipal, cunha importante axuda do Ministerio de Industria e Comercio. O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, tamén asistiu á cita.
Alumnado dos institutos locais e do IES Fin do Camiño de Fisterra, ao igual que outras asociacións sociais e asistenciais do municipio, foron os principais espectadores da que foi a segunda parada da xira.