Licítaa Deputación por 50.000 euros a recuperación da área fluvial de Gabenlle, na Laracha
A LARACHA
O proxecto busca ordenar os usos do espazo, favorecer a súa conservación e ofrecer a veciños e visitantes unha zona recreativa integrada no ecosistema fluvial
08 dic 2025 . Actualizado á 15:53 h.Licítaa Deputación da Coruña o proxecto integral de recuperación ambiental e mellora do espazo público na área fluvial de Gabenlle, municipio da Laracha. Unha actuación que custará 50.000 euros e que está encadrada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Os Fogóns do Anllóns.
Os traballos terán un prazo de execución de tres meses e buscarán ordenar os usos do espazo, favorecer a súa conservación e ofrecer a veciños e visitantes unha zona recreativa integrada no ecosistema fluvial.
A intervención, apuntan desde o organismo provincial, céntrase na recuperación da praia fluvial e na mellora ambiental da contorna. «O proxecto inclúe traballos de roza, limpeza e retirada de elementos deteriorados, así como a renovación de pavimentos mediante materiais respectuosos co medio. Prevese tamén a instalación de novo mobiliario, mesas de picnic, merendeiros e sinalización divulgativa, xunto coa mellora dos accesos e a consolidación de áreas de descanso. Ademais, tamén se plantarán especies autóctonas e recuperarase o hábitat natural asociado ao corredor fluvial», apuntan desde a Deputación da Coruña.
As empresas interesadas en facerse co contrato poden enviar as súas ofertas ata o día 22.