As de Sito Cabado empezaron ben, pero o Seis do Nadal foi superior
02 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.Empezou ben o CB Laracha, pero nada puido facer para seguir o ritmo de anotación do Seis do Nadal (42-87), que exhibiu no pavillón municipal un nivel que explica o seu liderado na Primeira Nacional, con pleno de vitorias e máis de 80 puntos de media. Onte foron 87, polos 42 das dirixidas por Sito Cabado.