O 061 di que a ambulancia que actuou nun incidente na Laracha tardou 17 minutos
CARBALLO / LA VOZ
A LARACHA

Houbo algunhas críticas pola tardanza da asistencia sanitaria
03 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Un home precisou o luns asistencia sanitaria na Laracha tras derrubarse na Avenida Finisterre. Houbo algunhas críticas pola tardanza da ambulancia. Desde o 061, comentaron onte que entre a recepción da chamada e a chegada ata o punto transcorreron 17 minutos. «Este tempo inclúe a mobilización da ambulancia de soporte vital básico con base en Carballo e a recollida do equipo de Atención Primaria, seguindo as indicacións do médico coordinador do 061», explican, ao que engaden: «Este facultativo mantivo o seguimento do servizo en todo momento, ao tempo que facilitaba as indicacións axeitadas sobre como actuar co doente ata a chegada da ambulancia». O paciente foi finalmente trasladado ao Chuac.