Teatro, medio ambiente e cine documental, tamén este xoves na Costa da Morte
CARBALLO
Axenda diaria | As propostas súmanse á presentación literaria de Martiño Noriega en Carballo e á cita teatral de Zas polo 25N
13 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ademais do encontro literario con Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras previsto esta tarde en Espiral Maior Foro, Carballo (ver aquí), e ademais do teatro en Zas con motivo do 25N (ver aquí), hai para hoxe outras citas na axenda da Costa da Morte.
Dentro do Mes da Ciencia en Galego da Fundación Pondal, escolares da EFA Fonteboa e do IES Eduardo Pondal visitarán as zonas de Ponteceso afectadas polos incendios, un roteiro inspirado nesa idea da «escola da beleza» de Rivas. Sen saír de Ponteceso, ao alumnado do instituto participante nas probas Galicia Skills tributaráselle esta tarde (18.00) unha recepción. Finalmente, no Espazo da Natureza de Oza, Carballo, ás 18.00 e da man de Senda Nova, poderase ver o documental A linguaxe común do flamenco: é parte do ciclo Xoves de Filme.