As carballesas mereceron máis, pero acabaron pagando un mal inicio de partido (0-1)
02 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.Tiña o Bergantiños a opción de recuperar a segunda praza na Terceira Federación feminina, pois o Celta B gañou en Friol (0-3) e abríase esa posibilidade. No entanto, nAs Eiroas o Orzán saíu moi ben ao encontro e pronto atoparía o gol a través de Daniela Macedo, que a mandou á rede cun bo disparo desde a frontal da área.
A partir de aí, reaxustou ás súas Raúl Martos, que pronto empezaron a encadear achegamentos á área visitante, con varias opcións de moito perigo, incluíndo un disparo ao traveseiro.
Tras o descanso e cun cambio de sistema, as rojillas si conseguiron presionar máis arriba e tivo ocasións moi claras, aínda que o acerto non estivo do seu lado. A semana que vén, as rojillas visitan ao Sardoma.