Mañá haberá oportunidade, así mesmo, na Praza do Concello de Carballo
24 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase hoxe á localidade da Laracha, onde prestará servizo mañá e tarde, cos seguintes horarios: de 10.00 a 14.15 e de 15.45 a 21.00 horas, na Praza do Concello. Mañá haberá oportunidade de doar sangue en Carballo, tamén na Praza do Concello, pero neste caso só pola mañá: de 10.00 a 15.00 horas.