A Plataforma Parar a Guerra convocou novas concentracións para hoxe, venres
17 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Plataforma Parar a Guerra convocou novas concentracións pola paz en Gaza. Celebraranse esta tarde na praza do Concello da Laracha (19.30 horas) e no Recheo de Ponteceso (20.00 horas). Pola súa banda, a Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina foi a que promoveu as mobilizacións do mércores en Cee e Carballo, co apoio do BNG. Chamaron á poboación a que continúe apoiando mobilización social e presión popular.