
Abanca, Afundación e Concello inauguran hoxe unha exposición de Manuel Valcárcel en Camelle
03 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Hoxe • Abanca, Afundación e Concello de Camariñas presentarán hoxe ás 12.00 horas, no Museo Man de Camelle, a exposición Destino: unha peregrinación de Manuel Valcárcel. A mostra, parte do proxecto Corrente cultural, exhibe catro peregrinacións en catro países de catro continentes: o Tíbet, Senegal, México e Galicia. Fotografía documental que poderá visitarse ata o 2 de outubro, de mércores a domingo, de 10.30 a 14.30 horas.
Outra cita destacada desta xornada estará en Brantuas-Niñóns (Ponteceso), onde continúa a 17.ª Semana Cultural organizada pola asociación Nosa Señora do Faro. Hoxe (21.00 horas) será tempo para o humor, coa popular monologuista Leti dá Taberna: o seu espectáculo Enredada seduciu xa a numerosos galegos, póndolle o punto irónico a moitas e certeiras cousas ben reais.
En Caión, doutro lado, haberá hoxe nova oportunidade para coñecer a localidade mediante unha visita guiada: saída ás 12.00 horas desde a oficina de turismo: 981 604 328. Cabe apuntar, doutro lado, que continúan as novenas tanto na Milagrosa (Carballo) como en Fisterra: oficios ás 08.30 e 19.00 horas, no primeiro caso, e 20.00 no segundo.