A vida de festa en festa: tampouco este sábado hai parón na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

¿Buscas sesións vermús, foliadas ou verbenas? Emprega esta guía para non perder nada neste 12 de xullo

12 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

É difícil atopar un só día do verán no que non haxa algunha festa na Costa da Morte. Hoxe, sábado 12 de xullo, non é unha excepción. Haberá todas estas:

As Neves (Buxantes, Dumbría)

Tarde de foliada das 20.00 horas en adiante. Antes, ás 19.00, obradoiro de baile a cargo de Cristina Canosa. Promoven Fonte Santa de Buxantes e Gaiteiros de Buxantes.

Carnés (Vimianzo)

Rematan catro intensos días de celebracións, este sábado na honra da Virxe do Carme. Misa ás 11.00 e as 13.00, procesión acompañada por O Revoltixo, sesión vermú con Nueva Fuerza e verbena con Nueva Fuerza, La Mega CDC, DJ Tincinho, Martín Díaz y Mike Morato. Será o gran remate.

A Brea (Carballo)

A asociación Mestra Carmen Cancela recupera a tradición Festa do Pan da Brea. Para hoxe figura ás 18.00 un obradoiro de pan a cargo de Panadería Élida Mesejo. Logo terán misa ás 19.45 e, despois, actuación de música e baile tradicoinal a cargo de Nemeth.

Galería M. Eirín (Carballo)

Si, sesión vermú. Das 12.00 en adiante, unha DJ ameniza o encontro dos visitantes cos autores das obras da exposición O futuro será prehistórico. Un xeito distinto de achegar a mostra colectiva ao público. A galería Manolo Eirín está no número 17 da rúa Estrela.

Cee

Logo das festas en Codesos-Vilanova, festexan o San Cristovo na vila da Xunqueira. Neste día inicial, a partir das 16.00 horas, segunda Peke Concentración de Motos, con ruta ata o faro Fisterra prevista para as 17.00. Saída dende o Paseo Pepe Sánchez.

Soesto (Laxe)

Misa ás 13.00, vermú con D’Festa e verbena (23.00) coa orquestra Trébol e D’Festa.

A orquestra Trébol estará hoxe en Soesto, Laxe
A orquestra Trevo estará hoxe en Soesto, Laxe BASILIO BELLO

Tardeo ochenteiro en Buño

Back to the 80’s: iso é o que anuncia a asociación O Quinteiro de Buño no parque García Alén, das 20.00 en adiante. Haberá servizo de cociña e música con Dos hombres y un tercio e tamén co DJ Grobas.

Corcoesto (Cabana)

Santa Margarida de Baneira. Música con Nuevo Siglo, Impacto e o DJ David Bermúdez.

Cerqueda (Malpica)

San Cristovo, hoxe con torneo de fútbol sala (11.00), misa ás 13.00, sesión vermú con Elebé e verbena tamén con Elebé e tamén a discoteca CDC.

Corme Aldea

Festas do Carme, con verbena dende as 23.00 a cargo do dúo Crazy e da discoteca móbil ECG. Continuarán mañá.