Memoria dos mares, Medina Azahara e outras citas de venres na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Medina Azahara, nun concerto xa ofrecido en Carnés, ano 2017
Medina Azahara, nun concerto xa ofrecido en Carnés, ano 2017 Ana Garcia

Día 11 de xullo e abundante axenda cultural e de ocio para gozar na comarca: tome nota!

11 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ademais da Praza dos Libros de Carballo —ver aquí— e das festividades de San Cristovo —ver aquí—, unha boa morea de propostas hoxe na Costa da Morte:

CamelleA sexta edición do programa cultural conmemorativo do naufraxio do City of Agra (128 anos) comeza hoxe, organizada pola asociación Naufraxios Galegos. Colaboran Concello de Camariñas, Mar Devalado, A folja da faneca e confraría de Camelle. Un total de 26 postos integrarán a Feira Mariñeira que abrirá ás 17.00, ata as 00.00. Haberá ás 19.10 unha visita guiada á Sala dos Naufraxios, no museo Man, e ás 21.00 farase a presentación detallada da programación, xusto antes da entrega de premios do sexto concurso de escafandros e da agardada representación da obra de teatro Panilladas. Pechará esta primeira cita o concerto de The Bronteroc (23.30).

Carnés (Vimianzo) • O festexo de San Cristovo deixa paso ao de San Benito. Día destacado no musical, cunha sesión vermú a cargo do Trío Alborada, unha verbena con El Combo Dominicano e La Mega CDC e o concerto estelar de Medina Azahara. Será a única actuación en Galicia na súa xira de despedida.

CormeBota a andar o programa deseñado polo Concello de Ponteceso e a asociación Insua de Viastela para conmemorar o 250 aniversario da expedición da goleta Sonora ás costas de Alaska. Levaba ao fronte ao cormelán Francisco Mourelle. As actividades arrincan hoxe ás 19.30 coa apertura da exposición Mourelle en Alaska, no edificio do Maccmo.

DumbríaDe 22.30 a 00.30, na fervenza do Ézaro, novas citas co espectáculo audiovisual O Eco do Ézaro. Auga, mito e Camiño nun escenario vivo. Pola mañá, ás 11.00 horas, no Conco, cita coa narración e A Cova das Letras: Procúrase Pepa a Loba. Parte do ciclo Cultura no Camiño.

Cabana • Ás 20.00, na Praza do Pendón, espectáculo Sempre arriba; ás 22.30, no dolmen de Dombate, primeiro concerto con encanto do verán, a cargo de Carmela.

FisterraNo salón de actos do Concello, ás 20.00, presentación da novela Ultreia no Camiño Inglés: a misión do Ara Solis, de Branca Vilela. Máis información na páxina 39 deste mesmo xornal.

MalpicaAcolle ás 19.00 horas o Fogar dos Pensionistas a presentación do libro Atravesar o don, de Fran Fernández Davila, gañadora do 19.ª Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Será, ademais, noite de cine, ás 22.30 na Praza do Campo: filme Padre no hay más que uno (4).

CorcubiónÁs 20.30 horas, na Casa da Cultura Plácido Castro, presentación do libro Cen anos de saudade: Corcubión 1923-2022, de Ángel Martínez Moar. Cada familia poderá levar un exemplar.

Ponteceso • Ruta solidaria co programa Vacacións en Paz: saída ás 21.30 do Recheo.

LaxeTeatro na natureza, no monte da Insua, ás 19.30: Aldara na montaña, monicreques para público familiar.

MuxíaConcerto de Claudio H. no cámping Lago-Mar, das 19.30 horas en adiante.