
Citas con encanto no dolmen de Cabana e en Zas: propostas para venres e sábado
08 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Venres e sábado • Castelo de Vimianzo, Torres do Allo (Zas) e dolmen de Dombate (Cabana) acollerán este verán diversas propostas, entre elas actuacións. No caso de Vimianzo, o primeiro concerto na fortaleza será o de Emilio Rúa, o 18 de xullo, se ben o programa VimianSol, do que forma parte, comezará xa este sábado con Circo Cambuche na Praza do Concello. Soará música, doutro lado, en Dombate e nas Torres do Allo. No caso do dolmen, o venres, terá lugar o primeiro Concerto con Encanto deste estío, a cargo de Carmela: 22.30. «Teclas, cordas e versos sen filtro», preséntase nas súas redes. Música, baile, monicreques e cultura galega en xeral, por outra banda, mestúranse no proxecto Os Monifates, que será a proposta nas Torres do Allo para o sábado, ás 20.00 horas, actividade para a toda a familia, con acceso de balde. Os Monifates son Alberto Millán e Xosé Piñeiro.