O Ecomuseo Forno do Forte volverá apostar polas visitas teatralizadas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Terán lugar nas instalacións de Buño varios sábados nos meses de xullo e agosto

27 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Xullo e agosto • Un ano máis, Concello de Malpica e Deputación da Coruña darán a coñecer a historia da olería de Buño a través de visitas teatralizadas ao longo de todo o verán. Terán lugar no Ecomuseo Forno do Forte os sábados 12 e 26 de xullo e 9 e 30 de agosto, ás doce da mañá, e serán totalmente gratuítos e sen necesidade de inscrición previa. Ademais, o complexo museístico pode ser visitado tódolos días da semana, agás o luns, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Tamén haberá obradoiros de modelado.