Atún Calvo +Pro, unha das mellores ideas en alimentación

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

«Estamos orgullosos deste recoñecemento, que reforza a nosa firme aposta por alimentación saudable como piar fundamental do noso compromiso cos consumidores»,

27 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O grupo Nauterra volveu a ser recoñecido cun novo premio. Neste caso, o produto Atún Claro Calvo +Pro foi seleccionado como unha das mellores 100 ideas do ano na categoría de alimentación e bebidas.

Destacan desde a compaña, con sede en Carballo, que esta modalidade de conserva responde a unha proposta natural e sen aditivos que destaca polo seu alto contido proteico, con 24 gramos por cada 100 de produto, fronte aos 18 gramos das outras ofertas que hai no mercado. Foi deseñada, ademais, para persoas que buscan unha dieta equilibrada.

«Estamos orgullosos deste recoñecemento, que reforza a nosa firme aposta por alimentación saudable como piar fundamental do noso compromiso cos consumidores», afirmou Jorge Alonso, director de mercadotecnia de Nauterra. Apuntan, así mesmo, que Atún Claro Calvo +Pro non só está pensado para deportistas, senón tamén para quen queira levar unha vida saudable.