Senda Nova pide máis reivindicación no Día do Medio Ambiente

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Una salida de la Primavera en Ruta de Senda Nova, imagen de archivo
Unha saída da Primavera en Ruta de Senda Nova, imaxe de arquivo

«Está falto de reivindicacións e farto de celebracións», trasladou nun comunicado. Este domingo acudirán á feira de Carballo con actividade diversa

04 jun 2025 . Actualizado á 20:37 h.

«O medio ambiente non debe ser unha palabra falta de contido nin unha marca turística. Está falto de reivindicacións e farto de celebracións». Así se expresou a asociación ambiental Senda Nova, crítica coa falta de contido «dun día tan especial», o do Medio Ambiente. Mentres, «desfeitas na biodiversidade, no patrimonio e na paisaxe», así como «enerxías verdes envoltas en macroproxectos eólicos que volven presa a nosa paisaxe, que dinamitan mananciais e enchen de ruído e chatarra os montes».

Loita, reivindicación e unión veciñal: iso ve preciso Senda Nova, que chama aos veciños para tomar conciencia do que realmente é o medio ambiente. Biodiversidade en humidais cada vez en peor estado, bosques autóctonos sen protección ou áreas fluviais minadas de pasarelas. Nada que celebrar, pois. Tamén patrimonio megalítico, castrexo, arquitectura civil que pide atención a berros.

O domingo, na feira

A entidade levará a súa reivindicación este domingo á feira de Carballo, coa venda de produtos de horta cultivados pola Escola Ambiental, a distribución da revista Abrindo Camiño, a entrega de libros vellos ou a repartición da guía de árbores Polas follas te coñezo.