
Os docentes amplían a súa bibliografía cun novo volume sobre IA
19 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Fina Paulos e Óscar Rey, docentes ambos no instituto Maximino Romero de Lema de Baio, amplían a súa bibliografía e publican Intelixencia artificial na aula, un manual sobre a implantación efectiva, ética e accesible da IA no ámbito educativo.
Autores tamén de Intelixencia artificial para a sociedade, neste novo volume abordan conceptos como a introdución aos fundamentos da IA, a súa aplicación á educación, unha reflexión sobre a ética e a privacidade, a creación de contidos educativos con IA, o uso destas ferramentas para avaliar, crear rúbricas ou titorizar alumnado; a creación de chatbots educativos ou a importancia da intelixencia artificial na educación inclusiva.
O libro publícase ao amparo da Editorial Garceta.