Baio fortalece músculo automobilístico cunha nova edición de Feirauto

m. r. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Toda compra levará 200 euros de agasallo en combustible

30 oct 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A 54 edición da Feira do Automóbil de Baio, Feirauto, celebrarase a próxima semana, de luns a domingo, cunha xornada de portas abertas. Empresarios do sector, en compaña do alcalde, presentaron onte o cartel no consistorio. Avanzaron que os prezos serán «os máis competitivos de Galicia». «Non é unha barbaridade», matizaron.

Haberá ampla e variada oferta, con vehículos de numerosas gamas e tipoloxías, seminuevos incluídos. Ademais, toda compra levará 200 euros de agasallo en combustible. «O que veña, vai marchar satisfeito, seguro», comentaron os organizadores.

O rexedor destacou a iniciativa como «referente» pola súa «antigüidade» e «seriedade». «Vinde a Baio: eu sempre compro aquí e nunca teño queixa», concluíu.