Letras Galegas e San Xoán na SG Sementeira de Basilea

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Imagen de archivo del grupo infantil de baile de Sementeira, de Basilea.
Imaxe de arquivo do grupo infantil de baile de Sementeira, de Basilea. ALEJANDRA PLAZA

A entidade, con destacada presenza carballesa, prepara varios actos

21 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Sociedade Galega Sementeira de Basilea, que preside o carballés Ramón Carreira Collazo, presenta un completo calendario de actos para as próximas semanas. Este domingo, ás 11.30, celebrarán o Día das Letras Galegas cunha conferencia de Mercedes Queixas e cunha actuación do grupo Semente.

O sábado 1 de xuño, doutra banda, tocará representación teatral a cargo do grupo da entidade, que poñerá en escena a peza O arxentino de Boimorto. Será ás 20.00, pero unha hora antes actuará o grupo de gaitas. Para rematar, os días 21, 22 e 23 celebrarán o San Xoán con música e verbenas.