Os ocupantes do terceiro piso, onde ardeu un dormitorio, pasarán a noite noutro lugar
11 dic 2025 . Actualizado á 19:28 h.Un incendio rexistrado cara ás 17.15 horas no cuarto dun inmoble da rúa Ulla da Pobra do Caramiñal obrigou a desaloxar aos residentes. O edificio consta de tres pisos, dos que só dous están habitados. As chamas orixináronse nun dormitorio da terceira planta, posiblemente como consecuencia dun fallo no funcionamento dun deshumidificador.
Ao lugar acudiron bombeiros de Ribeira e Boiro, así como Policía Local da Pobra. O lume só afectou o dormitorio do piso, aínda que se produciu unha gran fumareda. Por precaución, os residentes no domicilio afectado pasarán a noite noutro lugar.