Unha decena de taekuondistas barbanceses compiten no Drácula Open de Romanía
BARBANZA
O Natural Sport achega nove deportistas, cinco en categoría júnior e catro en absoluta, e Adrián Salanova representa ao Maniotas
26 oct 2025 . Actualizado á 09:22 h.Esta fin de semana celébrase o Drácula Open de taekuondo en Romanía e nel competirán unha decena de deportistas de clubs barbanceses. Nove deles militan no Natural Sport, con Alberto de la Iglesia, Tomasa Franco, Andrea Videla, Amy Ndong e Dafne Piñeiro loitando na categoría júnior. Pola súa banda, Noa Romero, Lois Tomás, Carla Sesar e Javier Otero farano no apartado absoluto. Co Natural tamén estará Marta Domínguez, «a nosa filla adoptiva», sinalan no club, do Dojang Toksu.
Representando ao Maniotas de Noia estará o torneo romanés Adrián Salanova. O noiés segue «na procura de sumar puntos para os ránkings mundial e olímpico, así como para afinar a súa posta a punto para os campionatos mundial e europeo sub-21 do vindeiro mes de decembro», apuntan no seu club. A pesar de que o Drácula Open coincide co campionato do mundo absoluto, rexistra un bo nivel en parte pola súa proximidade ao europeo júnior.