
Unha vintena de estudantes galegos interpretaron pezas da tradición bretoa arranxadas ex profeso por Kevin Le Pennec e Rodrigo Romaní
01 ago 2025 . Actualizado á 13:47 h.O Liceo noiés acolleu o xoves a cuarta edición do encontro do alumnado das escolas de arpa de Galicia, un evento enmarcado no Noia Harp Fest que reuniu a unha vintena de estudantes pertencentes á Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, á Municipal de Música de Santiago, ao Conservatorio de Torroso de Mos, ao Mayeusis vigués e á Barreiro Arpa Escola, tamén da cidade olívica.
Rodrigo Romaní sinalou que «para o alumnado é unha experiencia inusual que un artista como Kevin Le Pennec arranxara unha peza especial para oa ocasión, e máis aínda que tocase tamén con elas sobre o escenario do Liceo».
Esta cita despediuse ata o ano que vén, consolidándose como unha convocatoria anual «imprescindible» tanto na axenda dos centros como dos propios estudantes.