A Pobra concienciará aos nenos sobre o coidado das praias e dos ecosistemas mariños

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Playa de A Lombña-Cabío.
Praia da Lombña-Cabío. MARCOS CREO

A cita terá lugar mañá en dúas quendas, un ás 10.30 e outro ás 12.00 horas, no areal da Lombiña-Cabío

17 jul 2025 . Actualizado á 09:11 h.

A Pobra buscará concienciar ás novas xeracións sobre o coidado e o respecto dos ecosistemas mariños e as praias. Farao a través dunha yincana ambiental, unha actividade ligada ao distintivo de bandeira azul que ostenta o areal A Lombiña-Cabío. A cita terá lugar mañá en dúas quendas, un ás 10.30 e outro ás 12.00 horas.

Na actividade poderán participar un máximo de vinte nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. A través desta iniciativa, o Concello pretende sensibilizar e promover a protección dos seus ecosistemas, advertindo sobre non tirar residuos sólidos urbanos nestes espazos.

As inscricións poderán realizarse mañá no areal da Lombiña-Cabío, no punto no que están situadas as bandeiras. No caso de que o tempo atmosférico sexa adverso, a cita quedará aprazada.