Centro Recreativo de Artes

Manuel Reiriz BUZÓN DEL LECTOR

BARBANZA

Manuel Reiriz presidiu o Centro Recreativo de Artes
Manuel Reiriz presidiu o Centro Recreativo de Artes MARCOS CREO

Carta de despedida do presidente da xunta directiva da entidade

12 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha vez rematada a miña etapa de presidente na xunta directiva do Centro Recreativo e Cultural de Artes (CRA), escríbovos para despedirme e facer un breve balance desta experiencia e do traballo desenvolvido neste tempo. Tiven o privilexio de formar parte de diferentes equipos directivos, o que me permitiu vivir momentos de intensa renovación da nosa entidade e contribuír a dinamizala. Realizouse unha importante labor de colaboración coas asociacións, club deportivo, e comunidades da parroquia, acreditando actividades formativas e programas de ocio; e proporcionamos unha área de información divulgativa, o Museo Etnográfico, a través da nosa páxina web. Todo isto foi feito para cumprir cos obxectivos para os socios, que creo que se trataron con especial dedicación e cariño. Outra das tarefas nas que se incidiu, foi a realización dos festexos do noso patrón, as nomeadas festas do verán, actividades musicais e folclóricas, con comisións de traballo especialmente orientadas a eventos, como a sardiñada, así como de actualizar e valorar os documentos do museo (cursos, obradoiros, premios).

 

Un aspecto que merece ser destacado, foron as viaxes culturais, a distintos puntos xeográficos do noso país. Quero agradecer o traballo de todos os compañeiros das directivas do CRA, que tiven o privilexio de presidir, o seu esforzo e dispoñibilidade. Xogaron un papel destacado, non só co seu apoio e aval, senón na realización de tarefas concretas e no intercambio de ideas, información, opinións, e valoracións. Agradezo especialmente as entidades, Administracións, e patrocinadores a colaboración destes anos con nós, para garantir o crecemento e desenvolvemento do centro, e por ende da parroquia de Artes. Remato dicindo que foi unha honra e un privilexio presidir o CRA e, sobre todo, traballar por el; pero é fundamental contar con vós, co voso compromiso coa entidade, polo que vos animo a que vos impliquedes, coa vosa actitude axudando á nova presidenta, Rosa María Orellán Santos, elixida pola unanimidade da asemblea. Rosa, contas co meu apoio!! Unha aperta, e vémonos sempre.