Rapaces do Bierzo aprenden galego e desfrutan nas Sinas

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

MARTINA MISER

O conselleiro de Cultura visitou o campamento xuvenil no que se aloxa o alumando adscrito ao programa de promoción do galego con Castela e León

09 may 2025 . Actualizado a las 09:14 h.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos estivo este xoves no campamento xuvenil das Sinas (Vilanova) para visitar ao alumnado de primaria dos centros do Bierzo que participa nunha nova edición das estadías organizadas no marco do Programa de promoción do galego desenvolvido polo Goberno de Castela e León e a Xunta de Galicia nos territorios limítrofes coa comunidade e que permite a setenta rapaces aprender galego e desfrutar duns días na ría de Arousa.

MARTINA MISER

O representante da Xunta puxo en valor o traballo feito ao abeiro do Pacto pola lingua «co obxectivo de impulsar e prestixiar o uso da galego en todos os ámbitos da sociedade e entre todos os grupos de idade, especialmente a xuventude». Neste contexto, fixo referencia á proxección exterior da lingua galega noutras zonas nas que se fala ou existe un alto grao de comprensión, como é o caso das áreas limítrofes con Galicia ou mesmo en Europa e América.