A provincia de Pontevedra ofrécese como localización para series e películas

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Vázquez Almuíña,cualifica de «totalmente positiva» a visita que realizaron localizadores internacionais e nacionais que traballan con produtoras audiovisuais

20 oct 2025 . Actualizado á 17:43 h.

O deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, cualificou de «totalmente positiva» a visita que realizaron localizadores internacionais e nacionais que traballan con produtoras como Netflix, Sony Pictures, Marvel Studios, Warner Bross ou A3Media. «Imos seguir traballando nesta liña co obxectivo de achegar ás produtoras audiovisuais os diferentes escenarios desta provincia para grandes producións», engadiu.

Polo momento, xa se pecharon reunións cunha localizadora británica, «moi interesada no destino», así como con especialistas de Cataluña, que «destacaron a versatilidade do destino para os proxectos nos que están a traballar».

Tal e como adiantaron ao comezo desta viaxe, os localizadores nacionais e internacionais «tiveron a oportunidade de percorrer a zona industrial de Vigo, cun percorrido por Baiona e polo sur da provincia que incluíu paseo en barco polo río Miño e visita ao conxunto histórico-artístico de Tui. Tamén unha visita á comarca do Salnés, con paradas en Vilagarcía e Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove e Sanxenxo, así como cun paseo en barco pola Ría de Arousa e a Illa de Arousa e visita a unha adega da DO Rías Baixas. E, finalmente, cun percorrido pola castelo de Souotmaior, as Salina do Ulló de Vilaboa, Pontevedra e as comarcas de Terra de Montes e Deza».