Un home de 73 anos falece tras derrubarse na avenida Rosalía de Castro de Vilagarcía
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA

Tras sentirse indisposto, só puido estacionar o coche no que circulaba antes de sufrir o que parece foi un paro cardíaco
28 jun 2025 . Actualizado á 20:53 h.Estacionou o vehículo co que circulaba pola avenida Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa ao sentirse indisposto, e nada máis saír do seu coche, derrubouse na vía pública. Os intentos dos servizos médicos desprazados este sábado ao mediodía ata o lugar para reactivar o corazón do home, de 73 anos de idade, resultaron infrutuosos. Tras unha media hora de traballos de reanimación, informa a Policía Local, certificouse o seu falecemento.