A coral polifónica Santa Comba e a Orquestra Clásica de Valga triunfaron no Concerto de Reis

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Concello de Valga

A cita foi este luns no auditorio de Cordeiro

08 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro e a Orquestra Clásica de Valga foron as encargadas de estrear a programación cultural anual do auditorio desta vila, cun concerto de Reis no que interpretaron un repertorio de panxoliñas e outros temas de Nadal. A coral foi a primeira en subir ao escenario, baixo a dirección de Manuel López Castro. Cantaron as cancións Vedle nacer, Lirio del alba, O Carrapuchiño e Soy un pobre pastorcito. Durante esta actuación produciuse o debut das últimas cinco incorporacións á agrupación polifónica e o seu director aproveitou para animar a máis valgueses a sumarse a este proxecto e a seguir asistindo aos concertos das agrupacións locais para «gozar de toda a arte que temos en Valga».

Chegou despois o momento da Orquestra Clásica da Escola Municipal de Música, con Manuel Villar Touceda á batura. Os temas que soaron foron Someone in the crowd, All I want for Christmas is you, a Marcha Radetzky, de Strauss, e Dazón nº 2, coa participación como solista da frautista Yassmin Noel Bolívar, alumna do Centro Superior de Música. Na terceira parte do concerto, coral e orquestra xuntáronse sobre o escenario para interpretar Aleluya, Canción de cuna, Noite de paz e, como peche, o Himno de Valga.