18 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O Concello de Ribadumia programou para o día 29 a gala da oitava edición da súa Festa do Deporte. Na cita, no Auditorio da localidade, daránse a coñecer e entregaránse os galardóns aos mellores deportistas, entidades e persoas relacionadas co mundo do deporte de Ribadumia a última tempada. Este ano son 42 os candidatos para recoller os premios das catorce categorías fixadas nas bases da Festa do Deporte, cun xurado integrado por membros da corporación municipal, gañadores do Mérito Deportivo local e prensa do Salnés.