O Grove réndelles tributo aos seus internacionais

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

CEDIDA

Os partidos con representación na corporación municipal reciben na casa do concello os mundialistas de maratón do Breogán

17 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Tania Álvarez, campioa do mundo no K2 Sénior Muller, Tono Campos e Yaser Antonio Silva, cuartos no C1 Sénior e no C2 Xuvenil, respectivamente, e Noel Domínguez, oitavo no C1 Sénior en distancia curta, levaron hai dúas semanas o nome do Grove ao Campionato do Mundo de Maratón de piragüismo. Os internacionais do Breogán foron recibidos onte no Concello por representantes do goberno local que encabeza José Antonio Cacabelos e de todos os partidos con representación na corporación municipal.