José González, Malandrómeda e Bala desembarcan na Illa

A ILLA DE AROUSA

O cartel segue incorporando actuacións para a cita de xullo

07 jun 2016 . Actualizado á 05:00 h.

1, 2 e 3 de xullo ? A Illa ? Bonos, a 40 ? ata o 12 de xuño ? A organización do Atlantic Fest anunciou onte tres novas incorporacións ao cartel que vestirá o festival da Illa a primeira fin de semana de xullo. Para comezar, José González no escenario principal Son Estrella Galicia. González defenderá o seu primeiro lanzamento en solitario despois de sete anos nos que, entre outros traballos, participou na banda sonora dA vida secreta de Walter Mitty, dirixida por Ben Stiller. O dúo Malandrómeda, punta de lanza do hip hop surrealista galaico, capaces de percorrer as tabernas de Compostela a golpe de verso, e Bala, en plena creación do seu segundo traballo, completan as novidades.