Farán un terceira pase de «Amoriños» que, en realidade, será o primeiro porque sucederá o venres
21 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.Os humoristas Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo volven demostrar o seu tirón en Vilagarcía coa incorporación dunha nova función de Amoriños, o seu último espectáculo. Tnivel esgotar os dous pases previstos para o sábado 13 de decembro, o dúo engade unha terceira actuación, que terá lugar o día 12 ás 22.00 horas no auditorio municipal. As entradas xa poden adquirirse a través de Ataquilla.com desde 16 euros.
O anuncio confirma o éxito de ambos os cómicos na cidade, onde xa superaron as 1.500 entradas vendidas, consolidando unha relación especial co público arousán. Non é un caso illado: hai apenas un mes, Touriñán encheu tamén o Auditorio onda Carlos Blanco con Somos criminais e punto (final), unha montaxe para o que igualmente foi necesario programar dúas sesións.
Un acontecemento
A concelleira de Cultura, Sonia Outón, celebrou a excelente acollida que está a ter a programación humorística da tempada. «Vilagarcía ten ganas de rir e de pasar un bo rato en compañía de dous referentes do humor cos que vamos a gozar moitísimo», afirmou, destacando o entusiasmo co que a cidadanía responde a este tipo de propostas. Con esta terceira data, Vilagarcía volve situarse como unha das prazas crave para o humor galego, capaz de encher o auditorio e de converter cada visita de Touriñán e Perdomo nun auténtico acontecemento cultural.