O Asmubal segue pagando as súas baixas no inicio de curso (27-21)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

As de Juan Costas caeron ante o Getasur

28 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Sen o concurso das aínda inéditas Cárol Ferreira e Raquel Sineiro, dúas das poucas pezas crave renovadas entre quen levantara a tempada pasada ao Inelsa Solar Asmubal Meaño ao título da fase regular do Grupo A da División Honra Prata Feminina, o cadro meañés volveu mostrar o pasado sábado o limitado dos recursos do seu persoal, aínda máis reducidos xogando como visitante ante a imposibilidade de Sabela Miniño de desprazarse por cuestións laborais.

Tras 20 primeiros minutos de máxima igualdade, o equipo de Juan Costas, con tan só trece efectivos e tres xuvenís entre elas, foi perdendo fol ante o empurre do Balonmán Getasur. O 27-21 final dá o actual nivel dun Asmubal penúltimo na táboa cun só punto tras cinco xornadas. Este sábado recibirá á Aula Valladolid, con 2 puntos máis.

FICHA DO PARTIDO:

CB GETASUR (27): Sandra Díaz, Aranda (1), Bustos (6), Peña (1), Gallego (3), Abellán (4), Viña, María González (1), Laura Díaz, Cabaleiro (3), León (2), Jiménez (1), Lucio, Merchán, Cazán e Helena Martín (5).

INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (21): Nicole Damascena (2), Sofía Arangio (5), María Currás, Uxía Varela, Agustina Ballada (3), Claudia Vera, Laura Miniño (5), Irene Romero (2), Luna Otero, Raquel Muñiz (3), Vanesa Domínguez, Irene Ríos e Shaila (1). 

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 0-2, 4-3, 4-6, 4-6, 9-6, 11-7 (descanso); 13-9, 15-12, 17-14, 19-16, 22-16 e 26-21.

ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Sergio Pintado e José Manuel Chacón. Castigaron con dous minutos á local Aranda (min 24.59) e ás visitantes Agustina Ballada (17.27), Raquel Muñiz (53.05) e Nicole Damascena (55.30).