O Concello de Vilagarcía enxalza a traxectoria de Leyre Villamediana

La Voz

AROUSA

CEDIDA

04 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o seu concelleiro de Deportes, Carlos Coira, recibiron onte no salón nobre da casa consistorial a Leyre Villamediana, en recoñecemento polo seu ouro na Copa de España Júnior de Judo. Varela trasladoulle á pupila de Fran Miguéns que é «un motivo de orgullo para a cidade, non só polos teus éxitos, senón por todo o esforzo, dedicación e constancia detrás, unha inspiración para os nosos veciños».