O partido disputaráse o 29 de agosto
15 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Club Baloncesto Vilagarcía impulsa este ano a organización do Torneo San Roque. Unha iniciativa ambiciosa, que o levou a reunir no parqué do Pavillón Municipal Sara Gómez a dous dos tres equipos galegos da Primera FEB, a antiga LEB Ouro. O venres 29 de agosto, desde as 20.30 horas, Monbus Obradoiro e o Leyma Coruña, dous conxuntos que aspiran a volver á ACB, mediránse na instalación vilagarciá para goce dos amantes do baloncesto.