Un balonmanista de altura

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O Concello de Vilagarcía tribútalle unha recepción oficial a Bruno Gómez

15 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O concelleiro e presidente da Fundación de Deportes de Vilagarcía, Carlos Coira, recibiu onte no salón nobre do concello o balonmanista infantil Bruno Gómez. Foi un acto en recoñecemento á participación do vilagarcián, xogador do Cisne de Pontevedra, no subcampionato de España de balonmán praia e no bronce do Nacional de balonmán pista coa selección galega infantil. Gómez acudirá en setembro á súa segunda convocatoria para unhas xornadas de tecnificación da Real Federación Española de Balonmano.