
O pintor reúne obra dos seus últimos cinco anos baixo o título «Das mareas gardei a cor»
06 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O pintor cambadés Sebas Anxo inaugurou este venres unha colorida mostra na Galería Besada, Das mareas gardei a cor, unha colección na que o mar que trae e leva actúa de metáfora «como tamén o propio acto de pintar, que revela e agocha cousas», subliñaba na súa presentación o pintor. Un pouco emulando á propia maneira no que o artista vai producindo a súa obra, unhas pezas nos que utiliza distintos tipos de papeis e combina variadas técnicas. Unha obra que vai deixando en repouso ata a súa configuración final, cun resultado moi visual, e cuxa influencia bebe do informalismo e da abstracción.
A obra, que combina cadro pequeno con peza máis grande, invita o espectador a reaccionar dende o emocional e o sentimental, e está relacionada coa traxectoria de Sebas Anxo nestes últimos cinco anos. Condensa os procesos nos que a protagonista absoluta é a cor.
Sebas Anxo, en definitiva, enche de cor as paredes do establecemento que artista Carlos Besada rexeita no Grove, cunha exposición que botará instalada todo o verán. A mostra, que tivo moi boa acollida no seu arranque, pode visitarse case ata a chegada do outono, ata o vindeiro 15 de setembro, na rúa da Praza.