
A soprano e os 80 músicos dirixidos por Fernando Briones deleitaron ao público no Auditorio de Vilagarcía
29 jun 2025 . Actualizado á 10:48 h.O Auditorio de Vilagarcía de Arousa foi o escenario onte da Gala Lírica de Clausura da VIII edición do festival internacional ClasClás, protagonizada pola recoñecida soprano Miren Urbieta-Vega e a Orquestra GAOS, formada por 80 músicos e dirixida por Fernando Briones. Con este concerto, que incluía unha interpretación sinfónico-vogal como gran novidade, púxose o broche a un festival que encheu de música a cidade e consolídase na axenda cultural de cada verán na comarca. Para baixar o pano acudiron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e os concelleiros Álvaro Carou e Sonia Outón.