Sete arousáns buscan a gloria no Europeo de Maratón en Portugal

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Tono Campos e Iván Alonso encabezan a selección española en Ponte de Lima

05 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A selección española preséntase esta semana en Ponte de Lima, Portugal, con 43 padexeiros no Campionato de Europa de Maratón. Deles, sete arousáns ou de equipos da zona, co grovense Tono Campos (Breogán) e co tudense Iván Alonso (As Torres-Romaría Vikinga) encabezando a expedición, optando cada un ao máximo de medallas posibles para un deportista de maratón: as da distancia curta e as do barco individual e do barco dobre na distancia estándar. Campos, na canoa, Alonso, no caiac sénior. Os dous, na procura de seguir engordando os seus palmarés internacionais.

Neste último barco, Izan Aliaga (As Torres-Romaría Vikinga), na categoría Sub-23, e Tania Álvarez (Breogán do Grove), na sénior feminina, buscarán a gloria. Como tamén o farán Diego Romero (Breogán) xunto a Campos no C2, Fernando Busto (As Torres-Romaría Vikinga) no C1 sénior, Yáser Antonio Silva (Breogán) no C1 e no C2 júnior, e Candela Romero (Náutico Pontecesures) no C1 curto e no estándar. Hoxe son todas as finais das distancias curtas.