Espectacular ambiente no pavillón, á espera dunha remontada que non chegou
04 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Non puido ser. O Inelsa Asmubal Meaño despídese das eliminatorias da fase de ascenso tras caer no partido celebrado onte no pavillón de Coirón, que tivo un ambiente espectacular, por dous goles ante o Lleida (23-25.
Seis eran os tantos que traía de renda o conxunto catalán tras o partido de ida disputado a pasada fin de semana en terras ilerdense e desde o primeiro momento non deron a visitantes opción a que o cadro meañés puidese pensar na remontada. O partido estivo igualado, co Asmubal mantendo a ilusión durante moitas minutos de polo menos poder levarse a vitoria, pero tampouco ese pequeno premio puido quedarse en Coirón.
Inelsa Asmubal: Nadia Campo, Raquel Sineiro, Danilza Lizaranzo (5), Sofía Arangio (6), Sabela Miniño (5), Carolina Ferrera (1), María Currás (1), Uxía varela, Guadalupe Larralde, Agustina Ballada (3), Elisa Méndez, Laura Miniño (2), Paula Rey, Luna Otero, Vanesa Domínguez e Shaila Fernández.
Lleida: Jennifer, Esparexa 81), Graell (3), Soto (4), Pérez, Martínez (3), Peris, Orexa (1), Rocío (4), González-Calero (1), Hijosa (2)), Backchich, Barlo e Bastarrica (6)..
PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 1-2, 3-4, 6-10, 8-11, 10-11 E 10-11 (descanso); 13-14, 15-16, 17-16, 19-19, 20-22 e 23-25.
ÁRBITROS: Mikel Gayoso e Eder Gómez.