Absolta ao non quedar probado que participou dunha estafa coa venda dun móbil

La Voz

MONDOÑEDO

Teléfono móvil
Teléfono móbil ZUMA vía Europa Press | EUROPAPRESS

Un xulgado mindoniense impuxéralle unha sanción económica e unha indemnización para a suposta vítima

24 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Audiencia Provincial de Lugo estimou o recurso presentado por unha muller condenada por un delito leve de estafa, e deste xeito rebate a resolución do Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo e absolve á recorrente.

Segundo os feitos probados, está acreditado que a suposta vítima «viu un anuncio na aplicación Wallapop o 25 de outubro do 2024, para a compra dunha terminal móbil. Púxose en contacto coa vendedor vía telefónica e acadáronse un acordo en virtude do cal, o demandante abonou 400 euros por transferencia a unha conta bancaria facilitada polo vendedor, na que aparece como titular a acusada».

Ademais, o vendedor envioulle unha imaxe do DNI da acusada. O teléfono móbil non foi enviado.

A agora absolta alegaba no seu defensa que non hai proba suficiente como para enervar a presunción de inocencia e implicar á muller no delito. Así o aprecia a Audiencia, que expón que «non existe unha certeza exixible sobre a súa participación nos feitos».

Deste xeito, queda libre dunha multa de 180 euros e de abonar 400 de indemnización ao comprador.