Unha muller pagará 2.000 euros por pegar e tirar do pelo a outra na Mariña

La Voz

MONDOÑEDO

Vista aérea de la Audiencia Provincial de Lugo
Vista aérea da Audiencia Provincial de Lugo ALBERTO LÓPEZ

A vítima reclamaba 7.000 euros pero a Audiencia lucense rexeita o seu argumento

23 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Audiencia de Lugo desestimou o recurso interposto por unha muller que reclamaba a outros 7.000 euros por lesionala. Deste xeito, ratifica a sentenza do Xulgado de Mondoñedo que cuantificou a reparación en 2.000 euros. Segundo os feitos probados, a condenada pegou dúas labazadas á vítima e agarrouna do pelo. A demandante sufriu, segundo os feitos probados, 84 días de prexuízo básico, ademais de «unha agravación dun trastorno mental nun grao moi lixeiro». De acordo coa reclamante, a sanción económica debía ser maior ao considerarse dolosas as lesións, sinalando que así se determina nos casos de accidentes de circulación. A Audiencia lucense rexeita o argumento nun fallo que non é firme.