A xunta de seguridade aborda este mércores en Mondoñedo o plan especial de seguridade para As San Lucas
MONDOÑEDO

Asistirá ao encontro a nova subdelegada do Goberno, Olimpia López
08 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.«A próxima edición da Feira dAs San Lucas contará cun plan especial de seguridade que garante o correcto desenvolvemento dos numerosos eventos que compoñen o programa festivo». Así o comunicou onte o Concello de Mondoñedo, indicando que este mércores reunirase a xunta local de seguridade coa presenza da nova subdelegada do Goberno, Olimpia López Rodríguez.
No mesmo comunicado indican que «o Concello de Mondoñedo afronta esta 869.ª edición das Feiras dAs San Lucas implementando un plan especial de seguridade e autoprotección, que permita garantir adecuadamente a seguridade de cada un dos eventos e actividades programadas».
O Concello dispuxo elaborar o plan en colaboración coa Asociación San Lucas «e con especial atención á previsible e elevada afluencia de público (...) Isto débese á coincidencia das principais actividades, como son a Baixada ou a Feira do Gando». Afirman que «o plan está redactado por persoal especializado en consonancia coa lexislación vixente na materia». Prevé situacións de risco que poidan dar lugar a emerxencias e as actuacións para adoptar fronte ás mesmas, e fixa os medios humanos que participan.
As San Lucas celebraranse en Mondoñedo entre o día 16 e o 20 deste mes. Organizan a asociación As San Lucas e o Concello con distintas colaboracións.