
























A representación teatral na Praza do Souto foi dedicada este ano ó recoñecido artista plástico, falecido en febreiro
24 ago 2025 . Actualizado á 18:46 h.A Praza do Souto de Cervo emprendeu na madrugada do sábado ó domingo unha viaxe no tempo durante a Queimada Popular, que na que foi a súa cuadraxésimo sétima edición brindou unha emotiva e moi merecida homenaxe a Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950-Brión, 2025). O artista plástico, falecido o pasado mes de febreiro e vinculado estreitamente á fábrica de Sargadelos, deseñou durante décadas os carteis anunciadores dunha cita declarada de Interese Turístico, e que ano tras ano reúne a centos ou milleiros de persoas a carón dunha representación teatral na que as misteriosas forzas do mal e do ben se xuntan para compartir a beberaxe máxica preparada polo bruxo con centenares de litros de augardente. Daniel Vizoso, fillo de Xosé, tomou o relevo este ano no deseño do cartel da festa.