«Moita xente está a adiantar os agasallos de Reis polo noso 40º aniversario»

l.r. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Equipo de Óscar Joyeros
Equipo de Óscar Joyeros cedida

Cristina Rodríguez, de Óscar Joyeros, destaca o éxito que están a ter os sorteos diarios de xoias ou reloxos que organizarán ata o 13 de decembro

10 dic 2025 . Actualizado á 21:59 h.

Ata o próximo 13 de decembro, Óscar Joyeros, de Viveiro, está a festexar o seu cuadraxésimo aniversario ao grande, regalando unha xoia ou un reloxo a diario entre os seus clientes. E a campaña está a funcionar segundo o desexado, como destaca Cristina Rodríguez, filla de Óscar Rodríguez, fundador desta coñecida empresa viveirense, cuxo propósito continúa sendo «achegar a alta xoiería e a reloxería a todo o mundo, creando momentos que perduren para sempre». «Está a ir súpers ben. Moita xente está a adiantar as compras dos agasallos de Reis polo noso aniversario», conta, e engade que están a ver aos clientes «moi receptivos» a unha iniciativa que terá unha cita destacada este sábado, cando Óscar Joyeros celebre unha gran festa. «Notamos á xente moi ilusionada», abunda.

Festa con música e sorteo

Na festa haberá música cun disyóquey, aperitivos, ruleta de premios con sorteos en directo e un sorteo final dun diamante de medio quilate entre todas as vendas realizadas entre os días 1 e 13 na tenda.