Así vivimos o Celta 1 - 2 Bolonia

La Voz

BANCADA DE RÍO

Beltrán entra a Pobega, durante el partido en Balaídos
Beltrán entra a Pobega, durante o partido en Balaídos Miguel Vidal | REUTERS

Un gol de Bryan, tras unha grande acción de Williot, adiantou ao Celta e remontou o Bolonia cun dobrete de Bernardeschi

11 dic 2025 . Actualizado á 23:48 h.

O Celta competeu mentres lle durou a gasolina, pero enfronte tivo a un rival netamente superior, que probou a súa posición en Serie A e a súa condición de campión da Copa Italiana. Adiantou Bryan ao Celta nunha gran xogada de Swedberg, pero deulle a volta o equipo italiano cun dobrete de Bernardeschi, a estrela da que todos falaban na previa. O primeiro, tras transformar un penalti de Javi Rodríguez sobre Pobega. O Celta medirase ao Lille e visitará ao Estrella Vermella en Belgrado. Moriba, por acumulación, perderase a cita en Balaídos contra os franceses. Os de Giráldez son décimo novenos con 9 puntos, os mesmos que o Lille e un menos que o Estrella Vermella.

Final
Merecido triunfo do Bolonia

Acabouse.

95'
Córner para o Bolonia

Vai morrer aquí o partido.

95'
Amarela para Moriba

Que se perde o partido contra o Lille.

93'
Moi forzado no remate Javi Rueda

Que ademais estaba en fóra de xogo. O seu golpeo marcha alto. Acábaselle o tempo ao Celta.

91'
Amarela a Rueda

Por unha entrada sobre Odgaard.

90'
Seis de engadido

Veremos se o Celta é capaz de xerar algunha ocasión.

87'
Entran Odgaard e o escocés Ferguson

Vanse Pobega e Mouro

86'
Amarela a Radu por protestar

Primeira para o Celta.

85'
Enfádase Balaídos

Por un empuxón de Mouro sobre Iago Aspas. Prepara dobre cambio o Bolonia. 

83'
Amarela para Holm

Por perder tempo no saque de banda. A primeira que mostra o romanés.

79'
Dobre cambio no Bolonia

Marchan Castro e Bernardeschi. Entran Orsolini e o dianteiro neerlandés Dallinga

77'
Entra Miguel Román

Por Fran Beltrán. Esgota cambios o Celta.

75'
Víase vir

Estaba a ser moi superior o Bolonia.

75'
Bernardeschi, outra vez. Remonta o Bolonia

Con razón falouse tanto del na previa. Jugadorazo o italiano. Perda de Aspas na medular e ataque voraz do Bolonia. Remata cruzado Bernardeschi.

73'
Monólogo do Bolonia

Corre detrás da pelota o Celta. Veremos se é capaz de xerar algunha opción á contra.

71'
Están crecidos os italianos

Grande equipo este Bolonia, campión da Copa de Italia, e que vai a pola vitoria en Balaídos. Veremos se reacciona o Celta, que se está vendo superado tras o empate.

69'
Córner para o Bolonia

No que entrou Cambiaghi por Rowe.

67
Vanse Mingueza, Williot e o Panda

Entran Rueda, Aspas e Jutglà. Triplo cambio no Celta. 

66'
Gol de Bernardeschi

Empata, de penalti, o Bolonia.

66'
Penalti para o Bolonia

De Javi Rodríguez sobre Pobega.

65'
Séguese revisando o posible penalti

Hai fóra de xogo ou non? Esa é a cuestión.

64'
Van entrar Aspas, Jutglà e Rueda

Triplo cambio, o que prepara Giráldez. Segue o recoñecemento do VAR.

62'
Penalti.... que queda en fóra de xogo

Ollo ao recoñecemento do VAR. Pitou penalti o romanés a favor do Bolonia, moi claro de Javi Rodríguez, pero o asistente tiña a bandeira levantada.

60'
Anulado! Por fóra de xogo de Bernardeschi

Segue o 1-0.

1-1
Estase chequeando o gol

Por posible fóra de xogo.

56'
Gol do Bolonia

A calidade de Bernardeschi, que desborda pola dereita a Mingueza e pona ao corazón da área para que remate Pobega a pracer.

51'
Falta sobre Swedberg

Algo máis equilibrada a posesión neste inicio do segundo tempo. Presiona alto o Bolonia, que marcha quinto na Serie A e está a demostrar o nivel que atesoura a pesar de as baixas.

49'
20.302 espectadores en Balaídos

Cifra oficial de asistencia que ofrece o club.

47'
O cambio de Giráldez

Veremos se o cambio obedece a algún problema físico de Bryan, que non o pareceu, ou a unha decisión técnica. Estaba a perder todos os duelos Zaragoza. 

46'
Boa progresión de Carreira

Pero o seu centro rexeitouno un defensor do Bolonia, cando buscaba a Borja. A réplica deuna Bernardeschi.

45'
En xogo o segundo tempo

Primeira posesión para o Celta.

Descanso
Marcha Bryan Zaragoza

Entra Hugo Álvarez.

Descanso
Vale o gol de Bryan Zaragoza

Por diante o Celta tras os primeiros 45 minutos. Chove con intensidade en Vigo.

47'
Pediu o Bolonia penalti por man de Beltrán

Na última acción do primeiro tempo. Despexa primeiro de cabeza o madrileño e no rebote tócalle no antebrazo. Non hai nada, di o romanés.

45
Dous de engadido

Ata o 47 iremos. Tivo unha boa opción ao saque da falta o Celta, pero a pelota centrada por Bryan non atopou rematador.

44'
Outro lapote

Queda tendido Borja Iglesias tras o salto co grego Lykogiannis.

42'
Paradón de Radu

Non levantou a bandeira o asistente pola posición de Castro. Rematou o ariete e rexeitou, nunha intervención de mérito, o meta do Celta.

40'
Lapote de Lykogiannis a Williot

Queda Swedberg no chan. Non hai falta nin cartón para o grego.

38'
Agarrou Heggem a Borja

Para evitar que progresase o dianteiro do Celta. Pitou falta o romanés. Círculo central.

36'
Escorregou Swedberg

Nunha perda de Ravaglia, o meta do Bolonia, que podía meterlle nun problema serio. Non chegou Williot polo esvarón para gañar a posición.

35'
Disparou Holm desde a frontal

Na continuación do saque de falta, non llo pensou o sueco que armou o golpeo de lonxe. Marchou por amais de Radu a pelota.

32'
Falta perigosa sobre Holm

Cometeuna Mingueza. Escorada no flanco destro do ataque do Bolonia. Aumenta a choiva en Vigo.

27'
Tivo Castro o empate

Coa cabeza, tras un centro coa luva desde a dereita. Rematou o 9 no segundo pau coa testa, con todo a pracer, desviado.

25'
A piques de leala Starfelt!

Nun cesión que quedou curta e que cazou Jonathan Rowe para meter a punterita da perna dereita e rematar. Por sorte para o Celta marchou ao lateral da rede.

23'
Fóiselle a Bernardeschi

Marchoulle demasiado longo o control ao internacional italiano, que progresou pola dereita.

22'
Volve estirarse o Bolonia

Que leva cada vez máis xogadores a zona de remate. Deféndese o Celta, que se atopou co gol, nunha grande acción de Williot, na súa primeira acción de ataque.

19'
Abrazouse Bryan con Giráldez

Na celebración do tanto. Correu ata a área técnica o andaluz para festexalo co preparador do Porriño. Chove en Balaídos.

17'
Gooooooooooool de Bryan

Está que se sae Williot. Acción do sueco, que habilita a Bryan na área pequena para rematar a pracer coa dereita. Adiántase o Celta.

15'
Levántase Borja

E renóvase o xogo.

14'
Quedouse tendido Borja Iglesias

Para o xogo o romanés Petrescu. Recibiu un golpe o Panda de Juan Miranda nun salto. 

11'
Saca Starfelt

O centro desde a esquerda de Pobega. Chega con comodidade a tres cuartos o equipo de Vincenzo Italiano. Cústalle superar a presión ao Celta, ao que apenas lle dura a posesión. Cara de preocupación en Giráldez.

9'
Leva a iniciativa o Bolonia

Os italianos, mellor plantados nestes compases iniciais, están a ser os protagonistas. Espera o Celta no seu campo. De momento, sen ocasións.

7'
Paseouse o centro do Bolonia

Desde a esquerda púxoa Juan Miranda, o ex do Betis. Non chegou a cabecear Santiago Castro. 

5'
Pode continuar o de Poio

Recupera ao defensor o Celta, tras recibir atención médica. Renóvase o xogo.

3'
Fíxose dano Javi Rodríguez

Ollo, nun lance con Giovanni Fabbian. Entran as asistencias. Quenta, por se non puidese seguir, Manu Fernández.

2'
Perdeuna Bryan Zaragoza

Na primeira aproximación do Celta a tres cuartos do ataque.

En xogo
Roda a pelota en Balaídos

Chegou aos dominios de Radu tras un centro de Bernardeschi desde a destra.

Previa
Elixiu campo Beltrán

Gañou o sorteo o de Seseña. O Celta atacará no primeiro tempo cara á bancada en obras de Gol. Farao na segunda parte cara a Marcador, onde se sitúa a bancada de animación.

Previa
Moriba e Swedberg, apercibidos

Se ven a cartolina amarela, perderanse o próximo encontro de Europa League no que o Celta recibirá ao Lille.

Previa
Saltan os protagonistas ao céspede

Ambientazo en Balaídos. Fran Beltrán exerce como capitán do Celta. Nikola Mouro faio no Bolonia. Arbitra o romanés Radu Petrescu.

Previa
Ambientazo en Balaídos
Previa
Giráldez quere manter a inercia positiva
Previa
O mítico Bernardeschi, titular en Balaídos

Gañador de tres ligas coa Juve e da Eurocopa coa selección italiana, o centrocampista é o grande atractivo deste Bolonia, que ten a baixa doutro mítico, Ciro Inmobile.

 

Previa
Temos once de Claudio!

Un lobo con pel de cordeiro pon a proba a ilusión europea do Celta esta noite en Balaídos. O Bolonia non é un adversario menor, todo o contrario. Só perdeu  un dos últimos quince partidos disputados (co Cremonese), é quinto nunha liga tan competitiva como a Serie A, xogou a tempada pasada Champions, gañou a Copa do Italia e pode considerarse como un dos tapados da Europa League.

Con semellante cartón de presentación, ninguén dúbida de que o Celta ten un duro escollo na súa segunda oportunidade para certificar a súa presenza na segunda fase da competición continental, pero do mesmo xeito, os de Claudio Giráldez chegan ao partido subidos na onda da confianza despois do seu rutilante triunfo no Bernabéu ante o Madrid. Confianza, non exceso de euforia segundo despréndense das palabras do adestrador.

Porque os vigueses saben do partido que lles agarda. De entrada, agardan a un rival que se saia do guion do catenaccio, que aposte polo xogo de ataque, que marque a pares, que sexa pegañento na presión, que tire o fóra de xogo e que intente facer dano aproveitando a súa calidade no último terzo, especialmente por parte dos seus extremos Orsolini e Cambiaghi, deixando a punta do ataque para Dallinga, que se converteu no dianteiro de referencia en Europa para darlle un descanso a Santiago Castro. Son o segundo equipo máis realizador do Scudetto con 23 dianas, só por detrás do Inter. Para Giráldez, os seus extremos son dos máis talentosos da competición.

O Celta debe estar fino e valente co balón cando lle toque atacar e exhibir a súa capacidade de sufrimento e concentración defensiva cando responda un rival de corte físico nunha semana na  que os celestes llas teñen que ver con auténticas bestas (primeiro foi o Madrid, agora o Bolonia e o domingo será a quenda do Athletic).

Un punto a favor é que o adestrador rival xa non pode facer fotocopias do partido anterior, porque o Celta pode utilizar o seu sistema tradicional como fixo en Madrid (3-4-3) pero tamén o 4-3-3 que foi incorporando dun modo habitual, especialmente na Europa League.

O factor Balaídos é outro aspecto para ter en conta. Na cita continental, ata o momento, os vigueses gañaron os seus dous partidos como locais, ao PAOK e o Niza, e hoxe a bancada estará en estado de efervescencia para levar ao equipo polo aire cara ao play off, o que obrigaría á LFP a recalcular a vixésimo oitava posición que lle augurou no límite salarial.