O 112 alertou de que a familia non atopaba a un residente en Santa Cruz, ao que perdeu a pista sobre as seis da tarde
25 oct 2025 . Actualizado á 21:12 h.Efectivos de emerxencias participaban este sábado a última hora da tarde, despois dun aviso por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, nun operativo de procura dun veciño de Santa Cruz, no concello do Valadouro. Ao parecer, este home, octoxenario, faltaba desde as seis da tarde de onte e a súa familia alarmouse ao ver que pasaban as horas e non regresaba.
Participaban nas tarefas efectivos de Protección Civil, coordinados pola Garda Civil, tras a chamada de alerta da central de emerxencias. O alcalde, José Manuel Lamela, permanecía pendente do caso.